1972
Artika Vigo
Danza
- Noiz
- Nov 12, 2026, 08:00 PM · Thu · 50 min
- Non
- Sala Ártika
- Udalerria
- Vigo
Ekitaldiari buruz
1972, de ButacaZero, é unha comedia en galego que recupera un dos episodios máis potentes da memoria obreira de Vigo: a gran folga de setembro de 1972, cando a cidade quedou paralizada e o movemento sindical puxo contra as cordas á ditadura franquista.
A través dunha proposta escénica pensada para público familiar a partir de 12 anos, o espectáculo achega ás novas xeracións un momento clave da nosa historia recente. Adolescentes da cidade olívica investigan sobre o escenario aquel levantamento colectivo xunto a un equipo de profesionais da escena contemporánea, construíndo unha ponte entre memoria, teatro, humor e compromiso social.
1972 forma parte do proxecto Barrios en Loita, impulsado por Teatro del Barrio dentro da iniciativa España en Libertad. 50 años, e propón mirar cara ao pasado non como un exercicio nostálxico, senón como unha maneira de entender mellor o presente.
Un espectáculo necesario, vivo e próximo para lembrar que a historia tamén se escribe desde os barrios, desde a xente traballadora e desde a forza colectiva dunha cidade.
Emanaldi guztiak
- Thursday, November 12, 2026
- Friday, November 13, 2026