AGORA GUERRILLA
Artika Vigo
Camarártika
- Noiz
- Oct 9, 2026, 08:00 PM · Fri · 60 min
- Non
- Ambigú
- Udalerria
- Vigo
Ekitaldiari buruz
Agora Guerrilla é o proxecto da Orquestra Galega de Liberación para clubs e salas de concertos: unha proposta de formato reducido que traslada a potencia colectiva da gran orquestra a unha experiencia máis próxima, crúa, punk e directa.
A través da condución e da improvisación dirixida, músicos da escena galega crean en tempo real composicións inéditas, imposibles e irrepetibles. Cada concerto é unha estrea absoluta, un ritual sonoro no que o público presencia a música no mesmo instante no que nace.
Unha experiencia viva, magnética e imprevisible, pensada para quen procura unha música de vangarda accesible, intensa e profundamente conectada co presente.