Beatick La agenda

BERENGUELA NA GAIOLA

Artika Vigo

Teatro

Cuándo
14 nov 2026, 18:00 · sáb · 50 min
Dónde
Sala Ártika
Municipio
Vigo
BERENGUELA NA GAIOLA

Sobre el evento

Berenguela na gaiola, de Galeatro e Xarope Tulú, é unha proposta familiar en galego, divertida e emotiva, con dramaturxia e dirección de Paula Carballeira. Nunha residencia da terceira idade traen de volta a Berenguela, unha anciá que aproveita a mínima oportunidade para fuxir. Ela só quere regresar á súa casa da aldea, ao lugar onde sempre viviu e onde sente que aínda pode ser libre. Berenguela protesta, rosma e funga, mais a súa amiga Aurora consegue acougala. Aurora tamén vive na residencia, aínda que non lembra ben quen é, así que pode ser quen ela queira. Xunto a elas está Tomás, que pasa os días mirando pola xanela, triste e gris. A través da representación de Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, de Manuel María, estas tres persoas maiores atoparán a liberdade que pensaban perdida e a posibilidade de cambiar o mundo. Un espectáculo tenro, poético e cheo de humor, que fala da memoria, da vellez, da amizade, da identidade e do dereito a decidir quen somos e onde queremos estar.

Todas las sesiones

  • sábado, 14 de noviembre de 2026
  • domingo, 15 de noviembre de 2026